Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Asemblea da Educación Crítica

05/03/2007 GMT 1

Acta 3 (29-11-06)

educacion @ 22:14

ACTA 3 (29-11-06)

A grandes trazos, o que falamos na pasada asemblea foi:

- aínda non temos as datas de tódolos practicuns.

- decidimos por o cartaz informador de cada próxima asemblea pinchado no taboleiro que temos (no Sur, no velliño ata que nos dean o novo; no Norte, nun que teñen por aí solto na facultade ata que dean outro propio), para que chame máis a atención. Ademais,este taboleiro poríamolo na entrada dos edificios (norte/sur) para que a xente o atope nada máis entrar pola porta. Ah, e se falou de poñelo cunha antelación de tres días á asemblea, pois se está toda a semana, vai comezar a ser un moble máis da facultade no que acabarán por non fixarse.

- tamén xurdiu a proposta de facer taboleiros propios empregando cartóns (así como están feitos os carteis de xelados), facéndolle unha patiña para que se suxeite. Nestes taboleiros poderíamos poñer algunha imaxe/debuxo que puidera representar á Semana, aparte dos avisos que queiramos meter.

- tamén se propuxo a idea de estender o dos carteis que se están a poñer nas portas das aulas (para aportar ideas) a tódalas facultades, xa que queremos estender a Semana a toda a comunidade universitaria, polo menos, e por iso é normal pedirlles tamén as súas opinións de temas. así como a súa participación.

- propúxose que a partir de agora se fixera cada asemblea cunha orde do día, que sería proposta na anterior asemblea, que incluíra obxectivos a acadar en cada reunión.

- eu mostrei a miña preocupación por que o Norte aínda non foi avisado polas aulas de que se está a xestar a Semana da Educación. Gema, Javi e máis eu, quedamos encargados de avisar nos Maxisterios de Infantil e Primaria o xoves pasado (xa vos podo contar que o noso intento resultou bastante desastroso, pois so conseguimos falar na clase de 1º de primaria, posto que os demais cursos parecían ter sido abducidos!). Carolina e Andrea quedaron encargadas dos Maxisterios de Estranxeira e Musical.

- Importante: xurdiu unha dubida/proposta. Somos Asemblea só da Semana da Educación, ou convertémonos na Asemblea da Facultade de Ciencias da Educación? e por tanto temos máis funcións que a Semana (aínda que esta sería a principal nestes momentos).
Nilson falounos de que nas outras facultades existe Asemblea de facultade e que se están a reunir todas elas xuntas cada 15 días. Este é un punto importante que temos que falar.

Acta 2 (22-11-06)

educacion @ 22:13

ACTA 2 (22-11-06)

1. Difusión
2. Organización do traballo
3. Data na que se desenvolverá a semana
4. Lugar de reunión.

- Respecto a difusión: levouse a cabo a idea de pasar polas clases, falando da semana e pedindo @s compañeir@s que escribisen as súas ideas sobre ela
( facendo fincapé nas actividades que lles gustaría que se levasen a cabo). Resultou positiva na súa maioría, polo que decidimos seguir a o facer nas clases que quedan ( maña farase en 3º de Educación Social e o martes en todo Maxisterio). Penso que aínda así faltarían clases polo que creo que debemos ter conta das que faltan e facelo canto antes.
Tamén decidimos por nas portas das aulas un cartaz grande, onde todas as persoas podan escribir a súa opinión sobre a semana, e outros máis pequenos que recorden cando se realizan as asembleas e a dirección do correo.
Outra proposta foi a de difundir a semana tamén dun xeito máis alternativo, con performances por exemplo. Disto encargaríamonos Olga Prieto, Andrea, Mané, Sabela, Ana Teja, Jessica e lore Castro. Por que esta é outa nova:

- Organizaremos o noso traballo por comisións. Comisións abertas. Serían a de difusión, a financeira (onde se levará conta da economía) que dito sexa, non conta con ningún/ha membro, a dedicada a papeleos, na que están Sara fdez e Alba Lago e por último, unha chamada de contactos (na que se levará conta d@s posíbeis dinamizador@s das actividades). Recalcar que a pesar de que as comisións son totalmente abertas e bo que para comezar a traballar cada un/ha de nós se integre nunha das comisións.

- Respecto a data na que se desenvolverá a semana, tod@s estimamos que debe ser arredor do mes de marzo, máis decidimos mandar ao correo antes do mércores, as datas nas que se desenvolverán tódolos practicuns de CCEE, para ter en conta que a semana da educación non coincida con estas.

- E por último, o lugar de reunión : aínda que tod@s estamos de acordo con que é moito máis cómodo xuntarnos nun lugar intermedio, decidimos facelo nas nosas facultades, alternando norte e sur, xa que creemos que é un xeito máis de difundir a semana, xa que @s compañeir@s verannos e haberá máis posibilidades de que se acheguen. Por iso a seguinte asemblea será o vindeiro mércores 29/nov ás 14:15 na entrada de Maxisterio.
Ah!!! Esquecíame... pensamos en pendurar das paredes da facultade fotos doutras semanas, así que si alguén ten que por favor as mande canto antes.

Assembleia de Educaçom Crítica PARTICIPA!

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis