Acta 11 (28-02-07)
Acta 11 (28-02-07)
1. Propostas para a autoxestión
2. Propostas para a Semana da Educación Crítica
3. Parar as aulas durante a Semana?
4. Espacialidade e temporalidade das actividades da Semana.
5. Difusión
6. Revisión do Blog
7. Orde do día para a asemblea do 7 de marzo.
1. Propostas para a autoxestión...
• A Asemblea decidiu autoxestionarse deixando unha porta aberta ao diñeiro da facultade do que dispomos.
• Podemos contar tamén cos cartos do Partido do Diaño sempre e cando non fagamos uso dos cartos da universidade. Estes cartos proceden da venda dunhas rifas dun lote de libros da súa editora. Trataríase duns 200 euros.
• Dispomos tamén de 80 euros que sobraron do ano pasado.
Propostas:
- Facer camisetas. Cada camiseta custaría uns 2 euros. Contacto Javi.
Lúa vai contactar coa rapaza que fixo o deseño o ano pasado.
Para o próximo día levar posibles propostas de deseños.
Ao final, farase unha votación popular.
- Rastrillo-Obradoiro. Antes do día en cuestión deberíamos reunirnos para ver que cousas queremos facer e vender ( Non todo é vendíbel!). Contactemos con xente a quen lle poda interesar participar .
O lugar para realizar esta actividade sería a praza Cervantes e o máis seguro é que precisemos un permiso. Para obtermos este permiso, debemos informarnos no rexistro (está na rúa Salvador Allende, detrás de Galeras).
- Festa. Javi preguntará no Tarasca, Gentalha...
2. Propostas para a Semana da Educación...
Esta é a primeira chuvia de ideas que saíu da caixa de correos amarela e das nosas bocas. Alá vai:
- Educación como dominación de clase.
- Lucía de Abreu ( apoio dende a asemblea).
- Maio do 68 e Internacional Situacionalista. ( existe un documento publicado antes do maio do 68 que sería interesante deixar saír á luz).
- Lingua-Norma-Ensino
- LOU. Lembrar o movemento universitario que surxiu durante a LOU. Facer unha exposición fotográfica por exemplo.
- Movemento en Rênne ( Delphine).
- Sobre educadores críticos.
- Educación penitenciaria ( coa presenza de persoas presas).
- Educación sexual. Ana e Javi dispoñen de contactos.
- Palestra sobre os “Medios de Comunicación Alternativa”.
- Os centros sociais como comunidade educativa na Galiza.
Despois de deixar chover todas estas ideas, na Asemblea suscitouse as diferentes metodoloxías ou formas nas que se poderían realizar as actividades.
É importante que as “actividades” rachen coa típica imaxe dunha aula maxistral. Como as apresentaremos? Conferencias dinámicas, foros, palestras, actividades de “facer facer”( obradoiros). Podemos oferecer todas estas formas segundo a actividade.
3. Parar as aulas durante a Semana?
Suprimir todas as aulas pode significar unha redución de xente importante. Por iso a Asemblea decidiu que o máis efectivo sería reducir as aulas nun 50%. Cada clase terá a metade da duración habitual.
4. Espazo e tempo das actividades da Semana.
A idea do ano pasado de facer actividades simultáneas nos dous campus xerou un debate: facer moitas actividades simultáneas? Ou deixar as forzas para actividades puntuais nas que podan asistir todas as persoas?
Aprazamos este tema para cando teñamos todas as actividades máis definidas.
5. Difusión.
Está a ser eficaz o proceso de difusión das Asembleas e da Semana?
Deberíamos ser máis constantes en difundir a mensaxe cada semana nas respectivas facultades.
6. Revisión do Blog.
O Blog está a sofrer algún problema. Olalha contactará cunha rapaza que pode botarnos un cabo co funcionamento do Blog.
7. Orde do día para a asemblea do día 7 de marzo
- Difusión.
- Dar unha resposta á coordinadora.
- Deseños das camisetas
- Sobre a chuvia de ideas.
- Contactos dos que dispomos

Chúzao
del.icio.us