Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Asemblea da Educación Crítica

05/03/2007 GMT 1

Acta 3 (29-11-06)

educacion @ 22:14

ACTA 3 (29-11-06)

A grandes trazos, o que falamos na pasada asemblea foi:

- aínda non temos as datas de tódolos practicuns.

- decidimos por o cartaz informador de cada próxima asemblea pinchado no taboleiro que temos (no Sur, no velliño ata que nos dean o novo; no Norte, nun que teñen por aí solto na facultade ata que dean outro propio), para que chame máis a atención. Ademais,este taboleiro poríamolo na entrada dos edificios (norte/sur) para que a xente o atope nada máis entrar pola porta. Ah, e se falou de poñelo cunha antelación de tres días á asemblea, pois se está toda a semana, vai comezar a ser un moble máis da facultade no que acabarán por non fixarse.

- tamén xurdiu a proposta de facer taboleiros propios empregando cartóns (así como están feitos os carteis de xelados), facéndolle unha patiña para que se suxeite. Nestes taboleiros poderíamos poñer algunha imaxe/debuxo que puidera representar á Semana, aparte dos avisos que queiramos meter.

- tamén se propuxo a idea de estender o dos carteis que se están a poñer nas portas das aulas (para aportar ideas) a tódalas facultades, xa que queremos estender a Semana a toda a comunidade universitaria, polo menos, e por iso é normal pedirlles tamén as súas opinións de temas. así como a súa participación.

- propúxose que a partir de agora se fixera cada asemblea cunha orde do día, que sería proposta na anterior asemblea, que incluíra obxectivos a acadar en cada reunión.

- eu mostrei a miña preocupación por que o Norte aínda non foi avisado polas aulas de que se está a xestar a Semana da Educación. Gema, Javi e máis eu, quedamos encargados de avisar nos Maxisterios de Infantil e Primaria o xoves pasado (xa vos podo contar que o noso intento resultou bastante desastroso, pois so conseguimos falar na clase de 1º de primaria, posto que os demais cursos parecían ter sido abducidos!). Carolina e Andrea quedaron encargadas dos Maxisterios de Estranxeira e Musical.

- Importante: xurdiu unha dubida/proposta. Somos Asemblea só da Semana da Educación, ou convertémonos na Asemblea da Facultade de Ciencias da Educación? e por tanto temos máis funcións que a Semana (aínda que esta sería a principal nestes momentos).
Nilson falounos de que nas outras facultades existe Asemblea de facultade e que se están a reunir todas elas xuntas cada 15 días. Este é un punto importante que temos que falar.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Assembleia de Educaçom Crítica PARTICIPA!

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis