Acta 5 (13-12-06)
ACTA 5 (13-12-06)
Para comezar a asemblea, Olga resumiu o falado e acordado nas dúas asembleas anteriores para poñérmonos todos ao día. A continuación tratamos:
- Proposta da data en que se podería facer a Semana . Cremos que a data máis axeitada sería a do 16 ao 20 de Abril por non coincidir con ningunha festividade a semana anterior nin a posterior aínda que cómpre saber a data de prácticum de 3º de Ed.social(por favor canto antes a enviedes mellor).
- Hai unha rapaza nova na organización. É de educación social e chámase María. María apresentou un proxecto para levar a cabo unha serie de sesións de CINE FORUM que se poderían encadrar dentro da programación da Semana da Educación Crítica, mais sen realizarse nesa mesma semana (lembro que se falou de facer actividades complementarias noutras datas que non sexan a da Semana de seu).
- No camiño da proposta de María lembramos a proposta de Nilson de facer como actividade complementaria un CONCURSO de FOTOGRAFÍA que podería culminar na Semana en si na que se podería facer unha exposición destas fotografías e dar o premio.
-Lembramos tamén que seguen abertas as comisións de papeleo , difusión e contactos e que a comisión de finanzas xa está completa.
- Por outra banda seguimos a pasar por aulas, aínda que hai bastantes clases do Campus Norte polas que non se pasou ( tódolos terceiros salvo musical e tamén 1º de infantil). Así mesmo Lore pasounos a colleita de ideas que levou a cabo na súa clase con ideas interesantes das que se pode sacar proveito.

Chúzao
del.icio.us