Acta 8 (31-01-07)
ACTA 8 (31/1/2007)
A pasada Asemblea da Educación Crítica celebrouse na facultade de Historia, no local de alumnos. Eramos máis/menos unhas 12 persoas e, seguindo o sistema da mesa, Olalha actuou como moderadora e Olga e Sabrina como secretarias.
Tras a lectura da acta da asemblea anterior, e recollendo algúns dos puntos propostos para esta asemblea, a orde consensuada de cuestións a tratar foi a seguinte:
1. Pechar o punto sobre as Comisións
2. Pechar o punto sobre a dinamización para a maior participación
3. Pechar o punto sobre as dinámicas grupais entre os participantes
4. Proposta /Votación da data da celebración da SEC (hai unha data proposta: do 16 ao 20 de Abril)
5. Cuestións propias da XXII Semana da Educación Crítica:
• Concesión ou non de crédito ás/os participantes
• Papel dos profesores e profesoras na organización/ desenvolvemento da SEC
• Redución/ supresión das clases durante o desenvolvemento da SEC
• Forma de traballo (comisións ou non) durante a organización da SEC
• Difusión (obriñas de teatro...)
Pto. 1:
* Respecto ás Comisións de traballo, tomouse a decisión de que se traballaría por medio delas para a organización da Semana, así como que podería tamén considerarse o seu uso para outros aspectos vindeiros da Asemblea.
* Creamos as seguintes comisións: C. de Difusión, C. Económica e C. de Papeleo; e estabelecemos algunhas das principias funcións que desempeñarían:
• C. de Difusión: facer e pegar carteis, difusión das asembleas, recollida de propostas para desenvolver (temas para a Semana,…), colaboración co Cineforum proposto por María.
• C. Económica: elaborar as ideas dadas na asemblea para facer o proxecto que se presentará coa fin de obter algunha subvención; xestionar os papeis destas subvencións; buscar métodos alternativos de subvención;…
• C. de Papeleo: gardar os nomes dos contactos para dinamizar a Semana; manter as comunicacións escritas co profesorado, decanato; manter as relacións co exterior (prensa,…)
* Os integrantes das comisións son, polo momento, as seguintes persoas:
- C. de Difusión: María, Javi, Andrea e Delfín
- C. Económica: Elan, Mané e Olga
- C. de Papeleo: Carolina, Laura e Sabrina
As persoas que non se anotaron en ningunha das comisións, poderán facelo en calquera momento, prestar apoio parcial ou integrar futuras comisións que poidan xurdir, en base as necesidades que se vaian presentando.
* Respecto a Comisión de Difusión, considerase que debe comezar xa de inmediato co traballo. Así, Olalha e … fixeron un cartel para promover a participación na construcción da Semana crítica.
* Xunto a isto, a definición das funcións da Comisión Económica trouxo o debate sobre a autoxestión ou non frente as axudas económicas dadas pola USC. Non se tomou unha decisión clara respecto a isto, polo que queda pendente para próximas asembleas.
Ademais, Olga quedou encargada de mandar por correo as contas da Semana do ano pasado, así como a memoria elaborada sobre as diversas iniciativas levadas a cabo na XXI Semana, posto que se considerou unha información interesante para termos un punto de partida na organización deste ano.
Xurdiu tamén a proposta de crear un Blog en Internet para comunicarnos. Tamén a creación dun grupo Yahoo. Finalmente, quedouse por agora coa idea de que as actas e demais comunicacións que queiramos facer á Asemblea, enviarémolas a todos os enderezos do e-mail dos integrantes desta.
Finalmente, Javi propuxo crear un buzón para irmos recollendo as propostas de temas a tratar a través das diferentes iniciativas da Semana.
Pto 2 e 3:
Non se estabeleceu nada concreto respecto a estes puntos da orde do día.
Pto 4:
Decidiuse que a data para a celebración da XXII Semana da Educación Crítica sería a barallada ata agora: do 16 ao 20 de abril. Tomouse esta decisión para evitar que a Semana coincidira antes ou despois dalgún prácticum de Ciencias da Educación, así como de datas festivas.
Pto 5:
En relación as cuestións propias da Semana, somente se tocou o tema da concesión ou non de crédito de libre elección ós participantes. Decidiuse que Non sería concedido, por contrariar esto as ideas da Semana Crítica.
Por último, estableceuse a seguinte Orde do Día para a asemblea do día 7 de febreiro:
1. Actividades de difusión
2. Falar sobre o buzón de propostas de actividades. Choiva de ideas
3. Papel dos profesores e profesoras na organización/ desenvolvemento da SEC
4. Realización de Dinámicas grupais entre as persoas da asemblea, ao remate desta.
5. Procura de subvencións.

Chúzao
del.icio.us