Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Asemblea da Educación Crítica

05/03/2007 GMT 1

Acta 9 (07-0207)

educacion @ 22:23

ACTA 9 (7/2/2007)

Na xornada do 7 de Febreiro de 2007, reunímonos de novo no local de alumnos da facultade de Xeografía e Historia. Nesta ocasión houbo un pequeno baixón de xente, de seguro debido á época de exames en que nos encontramos e conformamos un grupo de 7 persoas. Como moderadora da asemblea contamos coa axuda de Laura, sendo María a secretaría.

Como de costume, leuse a acta da asemblea anterior onde xa estaban recollidos os temas a tratar no día. Asemade, tamén se incluíron na orde do día un par de puntos novos que xurdiron entre a semana pasada e esta para tratalos na sesión. A orde quedou establecida como segue:

1. Actividades de Difusión. Aquí quixemos incluír a lectura do e-mail que o noso compañeiro Adri nos mandou ao correo da asemblea en relación cos novos cartaces que se colaron polas facultades ao longo da semana pasada.
2. Falar sobre o buzón de propostas de actividades. Chuvia de ideas
3. Papel dos profesores/as na organización/desenvolvemento da SEC.
4. Realización de dinámicas grupais entre as persoas da asemblea, ao remate desta.
5. Procura de subvencións/autoxestión.

1º Punto
Despois de ler o e-mail de Adri, pensamos que deberíamos tomar unha decisión sobre a aprobación ou non destes cartaces. Nesta tesitura, consideramos axeitado agardar unha semana máis para falar de volta sobre este tema xa que ningún dos encargados destes cartaces (Olalha e Marcos) estaban na asemblea.
Asemade concluímos que, ao igual que tomamos o galego como a nosa lingua “asemblearia”, tamén sería oportuno decidirmos a lingua de expresión para nos difundir (enténdese que non a nivel individual –de e-mails ou comunicados persoais- senón a nivel de colectivo, para a difusión da Asemblea da Educación Crítica).
 Para a difusión vía cartaces, proponse a procura de imaxes novas e convócase a todos os participantes da asemblea para que nos deleiten coas súas propostas . A Comisión de Difusión encargarase de traer bocexos o antes posíbel do que serán os vindeiros cartaces.
 Como último punto dentro das Actividades de Difusión, propúxose que á volta dos exames poderíamos retornar ás aulas a informar sobre a existencia da Asemblea da Educación Crítica. Incluídas facultades que non pertenzan a
Ciencias da Educación.

2º Punto
 Fixemos o buzón amarelo de ideas no que cada quen pode incorporar novas propostas que vaian xurdindo ao longo das quedadas. Cómpre salientar que xa temos varias ideas dentro do buzón (Pepe e Lucía de Abreu). Asemade, propúxose que a/o secretaria/o de cada sesión sexa o encargado de levar consigo o buzón e traelo de volta o seguinte mércores.
 Con relación á proposta de temas para levar a cabo na Semana, Olga fixo fincapé na conveniencia de consensuar primeiro a liña de educación crítica que queremos manter, o tipo de actividades que queremos que se inclúan na Semana; isto é interesante telo máis ou menos claro para inscribir dentro os temas.
Os puntos 3, 4 e 5 non foron abertos por falta de tempo. Saíron, de todos os xeitos, outros temas que cómpre salientarmos:

 Pepe propuxo un proxecto de colaboración (achegamento de cartos mediante a venda de rifas) desde a súa distribuidora Partido do Diaño. Queda para a vindeira sesión a información sobre o funcionamento da distribuidora. [Apartado de subvencións/autoxestión]

 Ana intégrase na Comisión de Difusión.

 Grazas a colaboración do noso compañeiro Adri, creouse un blog que todos podemos visitar neste enderezo web: www.asambleaeducacioncritica.blogspot.es

 O tema da Coordenadora de Assembleias queda por tratar na vindeira xornada, xa que se amosa un apartado longo.

 Proponse tempos para cada punto da Orde do Día. Así como existe un tempo delineado para cada sesión, enténdese que os puntos do día deberían ter tamén un limite para así os poder abordar todos e non ir arrastrando puntos de sesión en sesión.

A asemblea do día 14 de febreiro terá, por tanto, a seguinte Orde do Día:

1. Estabelecer os tempos para cada punto da Orde do Día.
2. Falar sobre o nacemento do noso blog.
3. Falar sobre a Coordenadora de Assembleias.
4. Papel dos profesores/as na organización/desenvolvemento da SEC.
5. Realización de dinámicas grupais entre as persoas da asemblea, ao remate desta.
6. Procura de subvencións/autoxestión.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Assembleia de Educaçom Crítica PARTICIPA!

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis