Acta 16 de Maio 2007
ACTA ASAMBLEA DA EDUCACIÓN CRÍTICA MERCORES 16 DE MAIO
ORDE DO DÍA
.- Coordenadora
.- Financiación
.- Actividades
.- Novas Propostas de actividades
.- Difusión
.- Proposta de enclusión na orde do día da vindeira reunión da asamblea
COORDENADORA
Sobre a posición da asamblea fronte a proposta de celebración dunha asamblea xeral organizada dende a coordenadora que servera para a sua regulamentación, facendose consulta a voz viva, expresouse unanimidade entre os asistentes en sentido afirmativo, ou sexa pola defensa da asamblea xeral extraordinaria.
Outros puntos tratados sobre a coordenadora facían referencia a puntos concretos e propostas de regulamentación sendo as máis importantes:
.- Estableceuse a posición con respecto a coordenadora e tanto as súas atribucións coma as súas necesidades, coincidiase en entender a coordenadora como un órgano de traballo colectivo na dirección de informar e servir de eido de intercambio de información entre as asambleas sin ter ningunha capacidade de inxerencia nas asambleas nin de dirección das súas actividades.
.- Proposta de reunión bisemanal para deixar tempo as asambleas de centro para estudar as propostas e poder ter unha posición clara e consensuada no seu seo.
FINANCIACIÓN
Repaso das contas e apertura do debate sobor do que se vai facer cos cartos de aquí a final de actividade e abreuse o debate sobre cal vai ser o destiño da asamblea agora que rematan as clases. Proponse para incluir no punto da vindeira asamblea.
ACTIVIDADES
Escolas libres
analise da sua actividade e contactos acumulados non quedando clara a celebración de actividades antes do final do curso.
Teatro do oprimido
informe dos contactos realizados, fíxose publicidade dunha actividade do colectivo Polvo Máxico cunha profesora brasileira. Tamén se lembrou a posibilidade de facer unha actividade co rapaz do Porto co que xa se traballara.
Escola de dereito
informe da actividade acumulada nas dúas sesións de traballo realizadas. Fixose propaganda da necesidade da adhesión á práctica das posicións que así o expresaran na asamblea na que se propuxera a actividade. Así mesmo tamén se sinalou a dirección do traballo e a natureza da iniciativa mesma, sendo o 1 de Setembro do 2007, como apoio ó inicio do curso lectivo para cando se propon a súa actividade. As becas e os problemas de matriculación do estudantado serían o seu primeiro campo de traballo e estudo.
Solicitouse información dende a asamblea das actividades, da sua difusión e dos mecanismos de traballo. Informarase en vindeiras sesións de traballo de asamblea.
NOVAS ACTIVIDADES
proposta para facer actividade de apoio ó colectivo homosexual, tanto de difusión de como de intervención no espacio. Todavía sen concretar por mor das datas propostas que coinciden no vran.
DIFUSIÓN
Vaise facer unha exposición, na que se está traballando, para difundir o traballo da semán da educación crítica.
Tamén se está perfilando o artigo para incluir na revista que iñaki propuxera como posibilidade de difusión
PROPOSTA DE INCLUSIÓN NA ORDE DO DÍA DA VINDEIRA REUNIÓN DA ASAMBLEA
.- Proposta para os grupos de traballo. A necesidade de materializar o seu traballo periódicamente e informar via email na dirección da asamblea para contar cas suas aportación a hora de realizala acta do día e incluir os puntos necesarios con nitidez e eficiencia.
.- ¿que vai pasar con nos no vrao? E ¿como imos comeza-lo traballo o ano qu even?
.- Proposta para facer un obradoiro de informática para coñece-lo funcionamento do blog e a sua actualización para axiliza-lo traballo dos grupos de traballo e iniciativas propostas.

Chúzao
del.icio.us