Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Asemblea da Educación Crítica

07/06/2007 GMT 1

Acta do 23 de Maio do 2007

educacion @ 13:38

ACTA DA ASAMBLEA NO 23 MAIO 2007

Orde do día:
1. Informe das Comisións
a) Escola de dereito
b) Grupo de Difusión
c) Actividades: Escolas libres, Teatro do Oprimido
2. Perspectiva de futuro:
a) financiación, contas
b) novas propostas de actividades
3. Coordinadora
4. Proposta orde do día seguinte

1 INFORME DAS COMISIONS

a) Escola de Dereito

- Data fixada: Todos os luns no local de alumnos da facultade de Historia ás 20:00 h!!!
- Creación de correo electrónico propio (a punto…)
- Seguimento e elaboración de actas propias
- Elaboración de cartaz de difusión. Aceptanse gustosamente borradores e
- Deseñosss!!!
- Búsqueda de contactos. Necesítase mayor grao de implicación.
- A actividade desenvolverase tamén nos meses do verao, centrarémonos no estudo e análise dos contidos. (“analise da realidade” USC-EEES bolsas de axuda…)
- Comezarase coa programación sobre o mes de septembro

b) Grupo de Difusión

* Exposición Delfín: O luns 28 , pola tarde, faranse os ultimos preparativos: Aceptase
gustosamente a colaboración!!!
MARTES 29 ÁS 14:30 na Facultade de maxisterio, producidare a sua
inauguración. Abrirase cunha pequena explicación/interpretación da artista

* Exposición Semana: MERCORES 30 Nas facultades de C Educación Norte e Sur: inauguración exposición de fotografias.
- 46 fotografias seleccionadas
- custos: 75,67 € total
- Todavía non está definido o tempo de duración
- Na inauguración haberá “pinchos críticos” e unha “mesa informativa”
- Falouse tamén de redactar unha breve descripcion de cada un dos obradoiros,
para o acompañamento das fotografias.
- O grupo organizouse para continuar os preparativos.

*Propostas para levar a cabo sobre a Exposición da Semana:

- Copiar as fotografias nun CD para o “ Fondo Documental” a disposición de quen queira e facelo rular. Aceptación da proposta.
- Proxección dun video sobre o Proceso Boloña de forma continua durante o transcurso da exposición.
Esta proposta xerou varias opinións. As seguintes:
Considerouse coma unha actividade que requiría moita responsabilidade e unha mayor
reflexion e preparación (necesidade de permisos) Tamen se comentou que a actividade
soamente facia referencia a un dos obradoiros polo que levala a cabo implicaria a
planificación de outras actividades que representaran o resto dos obradoiros. Ainda así,
a proposta gustou e foi considerada coma posible actividade nun futuro. Comentouse a
existencia de varios videos que fan referencia ao tema.
A proposta estudiarase e perfilarase máis detidamente.

c) Actividades:

* Escolas Libres:

- Datas probables: 23-24 de Xuño
- Dificultades debido ao tempo e a coincidencia coas datas de exámes. Debido a iso proponse que a actividade se desenvolva un día da fin de semana, para facilitar a sua participación.
- Levarase a cabo nun espazo distendido (cafeteria, parque...) e a dinamica será participativa. (presentase preferencias respecto ao espazo: centros socioculturais)
- Animase a BÚSQUEDA DE CONTACTOS. Están convidados estudantes ou persoas q fixeron practicas nalguns dos centros “Paideia” “Pelouro” e “Pumariños”.
- Se propuxeron novos contactos (estudantes do Pelouro etc )...
- Proposta “ Universidade Pirata” co obxetivo de representar tamén o papel do ensino superior dentro desta alternativa educativa. Necesidade de contactos. Maisss búsqueda.

* Teatro do Oprimido

- Data: Entre os días 12 e 17...fin de semana mellor.
- Proponse unha duración de tres días
- Grandes dificultades debido a falta de tempo.
- Proponse desenvolvela no mes de XULLO.

2.PERSPECTIVA DE FUTURO

- Proponse poñer un día para poñer fin as reunións da Asamblea ata a volta do veran.
- Decidese a “dispersión” de forma natural, decisións individuais.
- Propóñese potenciar o uso do blog e email como via de comunicación entre nos.

*Financiación:
- Cando se rematen as actividades faremos as contassss

* Propostas, novas actividades:

a) Obradoiro de Páxinas Web
- Considerase importante crear a nosa propia paxina coma asemblea da educación critica.
- Proponse que o obradoiro se base na creación da paxina web propia.
- BÚSQUEDA DE CONTACTOS, non parece haber dificultades
- Recursos materiais: Solicitar sala de informatica, aula “novas tecnoloxias”
- Data: Despois dos exames.
- Boa aceptación da actividade.

b) “Liberdades Sexuais”

- 28 Xuño día do orgullo “gay”
- Proponse facer algunha actividade de difusión basada na “teoría queer”
- BÚSQUEDA DE CONTACTOS..”Maribolleras” (¿?)...
- Proponse repartir información nas bibliotecas...por cartaces...difundir info

3. COORDINADORA

- Se fai unha pequena descripción da reunion na coordinadora anterior.
- Ao parecer o debate non foi moi productivo (non habia moitos animos na descripcion)
- Ao parecer produciuse votación e comezou debate entre particulares
- Non se chegou a ningun acordo.
- MAÑA, dia 24 en FÍSICA, nova reunion.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Assembleia de Educaçom Crítica PARTICIPA!

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis