Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Asemblea da Educación Crítica

07/06/2007 GMT 1

Acta do 9 de maio 2007

educacion @ 13:31

ACTA 9/05/07

ORDE DO DÍA:

1. Local de alumnos
2. Actividades asemblea
3. Coordenadora
4. Outras Propostas

Na asemblea do día 9 de maio de 2007, as moderadoras foron Olga e Andrea, e a secretaria foi María.

Cómpre suliñar o feito de que antes de comezar, cambiouse a orde do día, quedando esta como segue:

1. Outras Propostas
2. Coordenadora
3. Actividades asemblea
4. Local de alumnos

1. Outras Propostas

Coméntase por parte dunha compañeira da asemblea que chegaron “protestas” do profesorado con respeito á SEC. Unha delas, o feito de escribires os cartaces en galego reintegrado. O grupo concorda en que tendo en conta que el*s (*s profesor*s) non participaron da SEC en ningún momento, se gostan de presentar unha proposta formal, que o fagan, pero se non nós non temos que dar conta ao profesorado. Outra opción/proposta sería convidal*s á asemblea e que nela expoñan as súas queixas.
Tamén se comenta a posibilidade de traballar c*s representantes de alumn*s no tema de Bolonha. A idea sería repartir enquisas ao estudantado para saberes o grao de coñecemento que estes teñen sobre Bolonha. A asemblea da Educación Crítica prefire non formar parte deste proxecto, principalmente polo esforzo que suporía (máxime co tempo de curso que resta); dando prioridade a empregar o noso esforzo en actividades propias da Asemblea e na difusión das mesmas.
Parece que saíu de novo a cuestión de se somos a asemblea da faculdade de CC. da Educación. Non e si; esto xa se falou en numerosas ocasións. Remítanse ás actas correspondentes.

2. Coordenadora

Resúmese a última xuntanza da coordenadora.
A Asemblea da Educación Crítica segue a apostar pola asemblea xeral; a idea é levar a nosa proposta en concreto á coordenadora (cecais en papel).
O grupo de traballo sobre a coordenadora reunirase o vindeiro domingo día 13 no Rhin (Rúa nova) ás 17.00.
Na última xuntanza do grupo de traballo acordouse que o número mínimo para seres unha asemblea lexítima é de 5 persoas. As asembleas mixtas (que a Asemblea da Educación Crítica apoia) terán que constituírse de igual xeito. Esta é a proposta que a nosa asemblea levará á coordenadora.
Dende o grupo de traballo tamén se propón que as asembleas señan totalmente abertas, pero as persoas pertencentes a sindicatos estudantis non poderán formar parte das mesmas, xa que dende estes sindicatos téntase instrumentalizar ás asembleas das que forman parte e isto non é en absoluto positivo.
Ante esta proposta, alg*s membr*s da asemblea concordan en que a pretensión dos CAF, AGIR, ten que ser neutralizada dalgún xeito pero non deste; reprimir a unha persoa por pentencer a un sindicato é unha actitude de represión política que non concorda coa filosofía da nosa Asemblea.
Alégase que o que fariamos non é outra cousa que non dar lexitimidade a unha organización minoritaria que ten uns obxectivos totalmente diferentes aos nosos e que están a boicotear o traballo do resto das asembleas.
Proponse desmantela-lo panfleto de AGIR e escribir un novo firmado pola Asemblea da Educación Crítica.

O punto sobre a coordenadora alongase moito e pídese cambiar de tema e seguir adiante coa orde do día. Chegados a este punto, proponse que a partires de agora se traten primeiro as propostas de actividades e como último punto da orde do día o da coordenadora, con rolda de palabras!

3. Actividades

 Dende a Comisión de Difusión danse as propostas que saíron do grupo de traballo:
- Festa/”acto” na faculdade (pintxos,...)
- Exposición fotos da SEC
- Crónicas das actividades para a revista de Iñaki
- Difundir frases que “fagan pensar”

 Comisión de Escolas Libres
- Teñen algúns contactos, pero aínda non se chamou. Non hai proposta en concreto.

 Comisión da Escola de Direito
- Quedarán de volta para seguires a intercambiar ideas con vista a deliñar o proxecto para o ano que ven.

• Achégase á asemblea unha proposta sobre un obradoiro de sexualidade. Proponse que saia algo para o 28 de xuño (día do orgullo gai). Tamén se propón que se faga un grupo de traballo para deliñar este proxecto.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Assembleia de Educaçom Crítica PARTICIPA!

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis